Chámanos::+34 981 160276
 

Acto de despedida da promoción 2014/2018 do Grao en Turismo

O pasado venres 29 de xuño celebrouse no Paraninfo da UDC o Acto Académico de Despedida da Promoción (2014/2018) de Grao en Turismo, evento que foi presidido por Dª Mercedes Carreño, Directora da Escola Universitaria de Turismo CENP da Coruña, durante o cal tamén se fixo entrega do VIII Premio “Dr. Vázquez Iglesias”, nome que recibe do ilustre Dr. que realizou un destacado labor para impulsar a candidatura da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.

VI-promocion-Turismo-Coruna-Paraninfo
Acto académico da despedida da VI promoción do Grao en Turismo.

VI-promocion-Turismo-Coruna-Carlos-Vales

Os alumnos desta promoción de Grao en Turismo decidiron, por votación, facer entrega do VIII Premio Dr. Vázquez Iglesias ao CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) como merecedor deste galardón, xa que é unha entidade que fixo que Galicia destaque polo seu labor promotor en educación ambiental, intercambio científico e cultural, centro de cooperación en materia de medioambiente e turismo. Recolleu o Premio Carlos Vales Vázquez, Director Xerente do mesmo, o cal transmitiu o seu agradecemento e colaboración coa Escola Universitaria de Turismo CENP. O Premio foi entregado por Esteban Vázquez García, representante dos alumnos de Grao.

VI-promocion-Turismo-Coruna-arume

Posteriormente, interveu Arume Martínez Fariña, alumna de 4º de Grao, que foi a encargada de representar aos seus compañeiros de promoción neste acto de despedida.

VI-promocion-Turismo-Coruna-elvira

A madriña da promoción foi nesta ocasión a profesora Mavi Lezcano.

VI-promocion-Turismo-Coruna-Moss VI-promocion-Turismo-Coruna-Mercedes

Finalmente, quedou pechado o Acto Académico coa intervención de Sarah Moss, xefa de estudos; Mercedes Carreño, directora da Escola Universitaria de Turismo- CENP e a interpretación do Gaudeamus Igitur.

VI-promocion-Turismo-Coruna-gaudeamus

VI promoción Turismo Coruñaa Paraninfo diplomas

Finalizado o acto académico, alumnos e familiares trasladáronse á sede do CENP onde foron agasallados cun cóctel de despedida.

VI-promocion-Turismo-Coruna-cenpcoruna