Llámanos: +34 981 160276
 

Acto de despedida das promocións VII do Grao en Turismo e III da Dobre Titulación Turismo e Empresariais

O pasado venres 21 de xuño celebrouse no paraninfo da UDC o acto académico de despedida da promoción (2015/2019) de Grao en Turismo e a promoción de (2014/2019) do Programa de Simultaneidade do Grao en CC Empresariais + Grao en Turismo, evento que foi presidido por Mercedes Carreño, Directora da EUT- CENP da Coruña e Manuel Alberto Gómez, Decano da Facultade de Economía e Empresa, durante o cal tamén se fixo entrega do IX Premio “Dr. Vázquez Iglesias”, nome que recibe do ilustre Dr. que realizou un destacado labor para impulsar a candidatura da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.

acto despedida grado y doble titulacion 2019

Acto académico de despedida da VII promoción do Grao en Turismo e III da Dobre Titulación en Empresariais e Turismo.

Os alumnos fixeron entrega do IX Premio Doutor Vázquez Iglesias ao escritor e xornalista Nacho Carretero, xa que a través da súa obra máis relevante, “Fariña”, relata historia e acontecementos producidos en Galicia; e grazas ao seu labor, o nome, paisaxes e lingua da comunidade galega traspasou fronteiras da nosa comunidade; desta forma, sen unha intención directa ha promocionado turisticamente Galicia.

acto despedida grado y doble titulacion 2019

O premio foi entregado por Luís Vázquez, fillo do Dr. Vázquez Iglesias, e recollido e agradecido por David Pou, xornalista e familiar do Sr. Carretero.

acto despedida grado y doble titulacion 2019

Posteriormente, interveu Antía Capelán Picado, representante dos alumnos da promoción do Grao en Turismo.

acto despedida grado y doble titulacion 2019

A continuación, Macarena Orro Gómez e Martín Arufe Sánchez, leron o seu discurso como representantes dos alumnos da promoción do Programa de Simultaneidade.

acto despedida grado y doble titulacion 2019

A madriña da promoción do Grao en Turismo foi nesta ocasión a profesora Antonia Pérez García.

acto despedida grado y doble titulacion 2019

Os padriños da promoción do Programa de Simultaneidade de Grao en CC. Empresariais e Turismo foron Pablo Ernesto Santia De Chairo Monelos, profesor no Grao en CC. Empresariais, e Carlos Rodríguez Carro, profesor no Grao en Turismo.

acto despedida grado y doble titulacion 2019

acto despedida grado y doble titulacion 2019

Finalmente, procedeuse á entrega de diplomas, pechándose o acto coa intervención de Mercedes Carreño, Directora da Escola de Turismo CENP, e a interpretación do Gaudeamus Igitur.

acto despedida grado y doble titulacion 2019

acto despedida grado y doble titulacion 2019

acto despedida grado y doble titulacion 2019

Finalizado o acto académico, alumnos e familiares trasladáronse á sede do CENP onde foron agasallados cun cóctel de despedida.

acto despedida grado y doble titulacion 2019

acto despedida grado y doble titulacion 2019

Galería fotográfica

 

 

Etiquetas: ,