Llámanos: +34 981 160276
 

Acto de despedida da I promoción da Dobre Titulación en Empresariais e Turismo

O pasado 23 de xaneiro celebrouse no Paraninfo da UDC o acto académico de despedida da promoción (2012/2017) do Programa de Simultaneidade do Grao en Ciencias Empresariais e Grao en Turismo, evento que foi presentado polo Vicerreitor de Economía, Infraestrutura e sustentabilidade, Domingo Calvo Dopico, ao que acompañaron na mesa presidencial, Mercedes Carreño Vicente, Directora da Escola Universitaria de Turismo CENP; Anxo Ramón Calvo Silvosa, Decano da Facultade de Economía e Empresa; Carlos Alberto Rivas Iglesias, Profesor da Escola Universitaria de Turismo CENP e padriño da Promoción e Pilar Uriz Tomé, Profesora da Facultade de Economía e Empresa e madriña da Promoción.

I promocion empresariales turismo udc

Antes do comezo do acto o coro da UDC procedeu á interpretación do Gaudeamus Igitur.

I promocion empresariales turismo udc

Posteriormente, o encargado de representar e despedir aos seus compañeiros de promoción foi Fiz Rivero Villar, que se dirixiu unhas palabras aos seus compañeiros, profesores e pais.

I promocion empresariales turismo udc

I promocion empresariales turismo udc

A tarefa de apadriñar a promoción correo a cargo dos profesores Carlos Rivas da Escola de Turismo e Pilar Uriz da Facultade de Economía e Empresa.

I promocion empresariales turismo udc

I promocion empresariales turismo udc

A continuación interviñeron Mercedes Carreño Vicente, Directora da Escola Universitaria de Turismo CENP, e Anxo Ramón Calvo Silvosa, Decano da Facultade de Economía e Empresa.

I promocion empresariales turismo udc-44 I promocion empresariales turismo udc-44

Finalizados os discursos, procedeuse á entrega de diplomas aos alumnos.

Galería fotográfica

Pechouse o acto coas palabras do vicerreitor Domingo Calvo Dopico e a actuación do Coro da UDC interpretando as seguintes pezas: Imagine, Banaha (floclore de África),  rematando co Himno Galego.

I promocion empresariales turismo udc-44

I promocion empresariales turismo udc

I promocion empresariales turismo udc

Finalizado o acto académico, alumnos e familiares trasladáronse á sede do CENP onde foron agasallados cun viño de honra.