Llámanos: +34 981 160276
 

Alberto Lema, concelleiro do concello da Coruña, imparte unha clase aos alumnos de 4º do Grao en Turismo.

O concelleiro de Emprego e Economía Social do concello da Coruña impartiu unha clase aos alumnos do 4º curso do Grao en Turismo, no marco da materia Xestión Pública do Turismo.

Alberto Lema - CENP A Coruña
Alberto Lema con alumnos de 4º Grado de la EUT de A Coruña

Ao longo da súa exposición falou das políticas turísticas e as liñas de actuación do plan estratéxico da Coruña, dando unha gran importancia á fase de diagnóstico. Tamén realizou unha análise das diferenzas das liñas de actuación entre o plan estratéxico de 2010 e 2017; para, finalmente, comentar as carencias que ten A Coruña como destino turístico.

 

Etiquetas: ,