Llámanos: +34 981 160276
 

Calendario

CALENDARIO ACADÉMICO CURSO 2019/2020

(Aprobado polo Consello de Goberno do 26 de abril de 2018). Poden consultarse no enderezo web: http://www.udc.es/ensino/calendario_academico/

1.  CURSO ACADÉMICO

O curso académico 2019/2020 comprenderá desde o 9 de setembro de 2019 ata o 31 de agosto de 2020. Abarcará dous períodos lectivos que se organizan en dous cuadrimestres, conforme se indica no apartado 2 deste calendario. Non será lectivo o mes de agosto, nin os días festivos, nin os períodos sinalados neste calendario para a avaliación.

Consideraranse alumnos do curso académico 2019/2020 aqueles que deban ser avaliados das Prácticas/TFG/TFM en segunda oportunidade, cuxas actas se asinen e entreguen o 28 de setembro de 2020, conforme se establece neste calendario.

2.  PERÍODOS LECTIVOS

As actividades académicas docentes comprenden os seguintes períodos lectivos:

Primeiro cuadrimestre: desde o 9 de setembro ao 20 de decembro de 2019.

Segundo cuadrimestre: desde o 28 de xaneiro ao 15 de maio de 2020.

Co fin de facilitar a planificación docente dos mestrados, e cando non precisen utilizar o período de avaliación, poderán iniciar as súas actividades docentes no mes de outubro e prolongalas ata o 24 de xaneiro. Neste caso o segundo cuadrimestre poderá comezar unha semana máis tarde. Para facer efectiva esta posibilidade os coordinadores dos mestrados deberán poñelo en coñecemento do Servizo de Organización Académica.

3.  AVALIACIÓN

Para a súa avaliación os/as estudantes en cada curso académico terán dereito a dúas oportunidades e o calendario quedará organizado en catro períodos:

 Oportunidades Datas de avaliación Data límite de sinatura e entrega de actas
Adianto de oportunidade Do 25 de novembro ao 13 de decembro de 2019 (*). 20 de decembro de 2019.
Materias do primeiro
cuadrimestre

Do 8 ao 24 de xaneiro de 2020.

TFG/ TFM, fixadas polos Centros.

7 de febreiro de 2020.

6 de marzo de 2020.

Materias do segundo
cuadrimestre e anuais

Do 18 de maio ao 8 de xuño de 2020.

TFG/ TFM, fixadas polos centros.

19 de xuño de 2020.

6 de xullo de 2020.

2ª oportunidade

Do 22 de xuño ao 17 xullo de 2020 (**).

Prácticas/TFG/ TFM, fixadas polos Centros.

24 de xullo de 2020.

28 de setembro de 2020.

(*) As datas de avaliación correspondentes ao “adianto de convocatoria” serán establecidas polos centros só no caso de existiren solicitudes.

(**) Os exames organizaranse de forma que se realicen primeiro aqueles correspondentes ás materias do primeiro cuadrimestre e a continuación os das materias do segundo cuadrimestre.

A matrícula e defensa do TFG e do TFM realizarase conforme ao disposto nos artigos 1º, 2º e 3º da Normativa reguladora da matrícula e defensa do TFG e TFM aprobada polo Consello de Goberno de 19 de decembro de 2013 e as súas posteriores modificacións.

As actividades académicas docentes e os exames de todos os plans de estudo interromperanse desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020 (ambos os dous incluídos); os días 24 e 25 de febreiro de 2020 e desde o día 6 ao día 13 de abril de 2020 (ambos os dous incluídos). Terá carácter festivo o día 27 de xaneiro de 2020 polo traslado da festividade do Día da Universidade. Así mesmo, posuirán carácter festivo os días das festas oficiais do Estado, da Comunidade Autónoma e das cidades onde estea cada centro, así como o día da festividade de cada un deles.

Coa finalidade de aproveitar ao máximo os días lectivos, sempre que as festividades da Universidade coincidan en martes ou en xoves celebraranse o luns ou o venres máis próximo; e se cadrasen en mércores trasladaranse ao venres. As que cadren en sábado, domingo ou festivo celebraranse o día anterior ou o seguinte lectivo.

Calendario 2019-2020 da UDC en arquivo descargable.