Chámanos::+34 981 160276
 

Plan de Acción Titorial

Descargar o Plan de acción titorial

Profesores encargados do PAT

Funcións dos axentes implicados:

Coordinadora Xeral do PAT

  • Convoca as reunións
  • Informa a Xunta de centro sobre o funcionamento do PAT
  • Coordina o desenvolvemento do PAT e aclara dúbidas sobre este.
  • Anima a participación do profesorado e o alumnado.
  • Coordina o Portal Web.
  • Propicia a coordinación entre profesorado titor e mentores.
  • Elabora /coordina a elaboración dunha memoria final.

Profesor titor:

  • Participa na elaboración e coordinación do PAT.
  • Orienta, informa e fai un seguimento do alumnado.
  • Desenvolve as actividades do PAT.
  • Participa na avaliación do PAT e da súa propia actuación.
  • Contribue á coordinación pedagóxica do equipo docente.
  • Achega a documentación necesaria á Coordinadora Xeral para a elaboración da memoria final

Alumnado mentor:

  • Colabora no desenvolvemento das actividades do PAT.
  • Ofrece información e acompañamento aos seus compañeiros (sobre o plan de estudos, actividades do centro e a Universidade…).
  • Participa do seguimento do proceso formativo dos seus compañeiros tutorizados.
  • Fomenta a participación do alumnado en actividades e xestión do centro.
  • Asiste ás reunións de coordinación.
  • Achega a documentación necesaria á Coordinadora Xeral para a elaboración da memoria final.

Alumnado mentorizado:

  • Asiste e participa nas reunións grupais, entrevistas individuais e entrevistas virtuais do PATT.
  • Participa no desenvolvemento das actividades do PATT.
  • Desenvolve competencias de crítica, cooperación, implicación e participación na vida universitaria.