Chámanos::+34 981 160276
 

O CENP en Fitur 2018

O CENP estivo presente na Feira Internacional de Turismo que se está a celebrar en Madrid entre o 17 e 21 de xaneiro. A directora do CENP da Coruña, Mercedes Carreño, tivo ocasión de saudar ao alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o Concelleiro de Emprego e Economía, Alberto Lema, o reitor da UDC, Julio Abalde e a Xerente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Lanzada Calatayud.

fitur-2018-galicia-cenp

Nestoutra foto vemos a directora do CENP da Coruña, Mercedes Carreño, xunto ao novo Secretario Xeral da OMT, Zurab Pololikashvili, a Decana de Turismo da Complutense de Madrid, Mª Concepción García, e a Directora de Operacións do CENP.

Fitur 2018 CENP

O rei Felipe VI e a raíña Leticia tamén se achegaron a visitar o pavillón de Galicia e saudar ao presidente Núñez Feijóo así como a outras autoridades da comunidade galega.

rey-felipe-fitur-2018-galicia

 

Etiquetas: , ,

 

Máis publicacións en Novidades