- Características
- Contidos
- Saídas Profesionais
- Profesorado e Guías docentes
- Exames
- Horarios
- Admisión
- Calidade
- TFG
PROGRAMA DE SIMULTANEIDADE
A Universidade da Coruña, no seu obxectivo de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, posibilita que un estudante poida cursar de forma simultánea os estudos de Grao en Turismo e Grao en Ciencias Empresariais.
Ao superar este programa, terán dous títulos oficiais de Graduado/a en Turismo e Graduado/a en Ciencias Empresariais. Proporciona aos alumnos unha sólida formación en xestión empresarial ademais dun profundo coñecemento da industria turística.
Ensino de calidade con amplios programas de mobilidade e prácticas en España e no estranxeiro.
Titulacións que se obterán
Os alumnos que superaren este programa de Simultaneidade, grao en Turismo – grao en Ciencias Empresariais, obterán os dous títulos oficiais de Graduado en Turismo pola UDC e Graduado en Ciencias Empresariais pola UDC.
Duración do programa
Terá unha duración de dez cuadrimestres, en 5 cursos académicos. O número de créditos necesario para superar o programa será de 354 ECTS, distribuidos da forma que se indica no apartado Grao en Turismo e Ciencias Empresariais da páxina TITULACIÓNS.
Centro onde se imparte
O primeiro cuadrimestre de cada curso impártese na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña no Campus de Elviña, e o segundo na Escola Universitaria de Turismo – CENP, adscrita á Universidade da Coruña, situada no centro da cidade, a 200 metros da Praia de Riazor.
Facultade de Economía e Empresa. Campus de Elviña – 15071. A Coruña. 981 1670 00
http://www.economicas.udc.es
Escola Universitaria de Turismo. Campus de Riazor. Avda. da Habana 6-7 – 15011. A Coruña. 981 160 276.
http://www.cenpcoruna.es
Número de estudantes
Para o curso académico 2013/2014 ofértanse 30 prazas. No sucesivo, o límite será o que oportunamente aprobe o Consello de Goberno da UDC.
Admisión de estudantes
A solicitude de admisión para cursar a simultaneidade de graos, CC. Empresariais – Turismo, realizarase polo mesmo procedemento que para o resto das titulacións ofertadas pola Universidade da Coruña.
Saidas profesionais
Eses estudos habilitan para desenvolver responsabilidades de xestión e planificación no ámbito empresarial, nomeadamente no sector turístico.
Dez razóns para cursares a simultaneidade de graos, Ciencias Empresariais – Turismo.
1. Aprenderás o importante.
2. En dous centros con vocación internacional: a Facultade de Economía de Empresa e a Escola Universitaria de Turismo da Coruña – Centro Español de Nuevas Profesiones.
3. Facilitaráseche a inserción laboral a través de prácticas especializadas en empresas do sector turístico e institucións colaboradoras co obxecto de propcionar experiencias o máis próximas á túa futura vida laboral.
4. Porque falar idiomas conta.
5. Contamos con profesorado de experiencia docente, investigadora e profesional contrastada.
6. Aulas non masificadas.
7. Traballamos no pulo das competencias profesionais necesarias para o teu desenvolvemento como graduado tanto en Ciencias Empresariais como en Turismo.
8. Non xogas todo a unha carta porque hai un sistema de avaliación integral e continua que contempla diferentes aspectos da docencia.
9. A formación académica desenvólvese coas tecnoloxías da información e continua que contempla diferentes aspectos da docencia.
10. Un sistema de apoio personalizado.
PLAN DE ESTUDOS
Plan de estudos da doble titulación: descargar
Máis en detalle: http://estudos.udc.es
SAÍDAS PROFESIONAIS
O Turismo é un dos sectores que máis postos de traballo xeran en España. Nos últimos anos produciuse unha crecente demanda de novos servizos en turismo como poden ser os relacionados coas novas tecnoloxías ou turismo rural, ecoturismo ou turismo de aventura.
Os graduados e graduadas en Turismo e Ciencias Empresariais estarán moi ben posicionados para acceder ao mercado laboral tanto nacional coma internacional, podendo optar a un grande abano de saídas profesionais no mundo da empresa en xeral e as administracións públicas, ademais dos campos especializados da industria turística, un dos sectores que máis postos de traballo xera en España.
Poderán ocupar postos de responsabilidade en múltiples áreas corporativas, incluíndo a contabilidade, marketing-comercialización, vendas, finanzas, loxística, recursos humanos, organización, dirección estratéxica e sistemas de información. En canto á industria turístico, terán acceso a oportunidades laborais en moitos sectores, tales como a industria hoteleira, organización de congresos e eventos, operadores de turismo e axencias de viaxes, compañías de transporte, empresas de marketing, promoción e comunicación, a xestión de destinos e produtos turísticos, información turística, ademais de organismos oficiais de turismo locais, autonómicos, nacionais e internacionais.
Ademais, os graduados e graduadas poderán continuar os seus estudos e investigar a través dos programas de máster e doutoramento.
FUNCIÓNS
Dirección, organización, planificación e xestión de todo tipo de empresas turísticas, labores de guías turísticos, tarefas de interpretación e tradución, animación sociocultural e docencia, programación de rutas turísticas…
Con carácter xeral, o alumnado do Grao en Turismo está capacitado para o desenvolvemento de cargos intermedios e dirección de operacións. Os niveis operativos han de ser cubertos por alumnado procedente dos ciclos formativos, mentres que os niveis de alta dirección serán alcanzados tras a realización dun máster.
Listaxe de profesores
Perfil do PDI curso 2017/18
PRIMER CURSO
Materias impartidas en Empresariais
Introdución ao Dereito
Principios de Microeconomía
Economía da Empresa
Matemáticas I
Economía da Empresa: Función Financieira
Historia da Empresa
Materias impartidas en Turismo
SEGUNDO CURSO
Materias impartidas en Empresariais
Dereito Mercantil
Estatística I
Matemáticas II
Análise das Operacións Financieiras
Macroeconomía
Informática Aplicada á Empresa
Materias impartidas en Turismo
TERCEIRO CURSO
Materias impartidas en Empresariais
Economía Mundial e Española
Réxime Fiscal da Empresa I
Contabilidade Financeira I
Organización de Empresas
Estatística II
Bases de Datos para a Empresa
Materias impartidas en Turismo
Recursos Territoriais Turísticos
Intermediación Turística e Transporte II
Primeiro Idioma Moderno II: Inglés
CUARTO CURSO
Materias impartidas en Empresariais
Contabilidad Financiera II
Dirección Financiera I
Régimen Fiscal de la Empresa II
Contabilidad de Costes
Introducción a la Econometría
Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social
Materias impartidas en Turismo
Segundo Idioma Moderno III: Alemán
Xestión Turística do Patrimonio
QUINTO CURSO
Materias impartidas en Empresariales
Dirección Financeira II
Réxime Fiscal da Empresa III
Sistema Financeiro Español
Contabilidade de Sociedades
Análise de Estados Financeiros
Traballo Fin de Grao
Materias impartidas en Turismo
Horarios do curso académico 2017/18
Segundo cuadrimestre
Distribución das aulas
1º Dobre Titulación – cuadrimestre 2º
2º Dobre Titulación – cuadrimestre 2º
3º Dobre Titulación – cuadrimestre 2º
4º Dobre Titulación – cuadrimestre 2º
MATRÍCULA
Información sobre admisión, matrícula e tarifas para o curso 2017.
NORMATIVA
Normativa de xestión académica.
Información previa á matriculación e procedementos de acollida.
Enlaces a documentación sobre transferencias de créditos:
Documento de acceso e admisión de estudantes.
Normativa de recoñecemento e transferencia de créditos, texto consolidado ano 2015.
Normativa de recoñecemento e transferencia de créditos, texto consolidado ano 2016.
Actividades polas que se recoñecen créditos nos estudos de grao.
PROCEDEMENTOS DE MATRÍCULA
Os alumnos que desexen iniciar os estudos de grao deberán posuír o Título de Bacharelato e PAU ou nivel equivalente, segundo o previsto no R.D.1892/2008, do 14 de novembro, modificado polo R.D. 558/2010, do 7 de maio, desenvolvido pola Orde da Consellaría de Ordenación Universitaria pola que se regulan as condicións para o acceso a ensinanzas oficiais de grao e os procedementos de admisión ás tres Universitario de Galicia para o curso 2012/2013. universidades do Sistema
Para a formalización de matrícula deberán estar admitidos pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG). Para iso deberán de Solicitar a través dos campus de cada cidade a titulación ou titulacións que desexan cursar, por orde de preferencia. A CIUG publicará unha resolución de admitidos sinalando as datas nas cales o alumno deberá formalizar a súa matrícula.
NORMAS DE PERMANENCIA – Extracto da Normativa aprobada por Consello de Goberno en Xullo 2013
O número mínimo de créditos que deben superar os alumnos matriculados a tempo completo é de 12 e os alumnos a tempo parcial de 6. De non se cumprir estes requisitos, o alumno poderá ser admitido de novo no curso académico seguinte, pero neste caso deberá supera un mínimo de 36 créditos obrigatorios do primeiro curso para os matriculados a tempo completo, e 18 no caso de tempo parcial.
O número máximo de convocatorias de que dispoñen os estudantes para superar a avaliación dunha materia de titulación de Grado é catro. A formalización da matrìcula da titulación de Grado dará dereito, en cada curso académico, a unha única convocatoria con dúas oportunidades de avaliación que se realizará conforme ao calendario académico aprobado ou a norma que corresponda. No cómputo das convocatorias para superar unha materia non se terán en conta aquelas nas que figure a consideración de “non presentado” (NP).
O alumno de continuación de estudos de Grado, con réxime de tempo completo, deberá matricularse de todos os créditos de formación básica e obrigatoria dos cursos académicos anteriores que non teña superados, respectando o número máximo de créditos autorizado na normativa correspondente.
Esta Normativa non se aplica a alumnos que estean a realizar un curso noutra universidade dentro dun programa de mobilidade.
As normas de permanencia da UDC pódense consultar en:
SISTEMA DE GARANTÍA INTERNA DE CALIDADE (SGIC)
Web de Seguimento da Unidade Técnica de Calidade.
POLÍTICA Y OBJETIVOS DE CALIDADE
Politica e obxectivos de calidade da Escola Universitaria de Turismo CENP
PLANO DE ACCIÓN TUTORIAL
Información acerca do Plano de Acción Tutorial para o curso 2014.
Profesores encargados do PAT
GRUPOS DE CALIDADE
Grupos de calidade por áreas.
COMISIÓN ACADÉMICA DO TÍTULO
Curso académico
2017/2018
Nome da comisión
Comisión académica do título.
Funcións
A Comisión académica do título e a responsable da coordinación do mesmo e debe informar e velar polo cumprimento dos obxectivos do título e analizar os resultados. Así mesmo, asume as tarefas que legalmente se lle encomenden.
Membros
Presidenta da Comisión académica do título.
Coordinador do título.
Xefe de estudos.
Profesor do área de idiomas.
Profesor do área de xestión do territorio e xestión turística.
Profesor do área de xestión empresarial e TIC.
Órgano responsable do sistema de calidade do título
Centro
Escola Universitaria de Turismo.
Curso académico
2014/2015
Nome do órgano
Comisión de garantía de calidade do centro EUT-CENP (CGCC).
Funcións
Cumprir cos obxectivos de calidade da EUT-CENP.
Avaliar e controlar o sistema de calidade do Grao en Turismo no CENP da Coruña dentro da política de calidade da UDC.
Membros
Directora da EUT-CENP A Coruña.
Profesor responsable de calidade.
Secretario académico da EUT-CENP A Coruña e coordinador do título de grao.
Administrador responsable da xestión administrativa da titulación.
Xefe de estudos e profesora do área de xestión do territorio como representantes do PDI.
Delegado de Grao en Turismo.
Delegado de Doble Titulación en Turismo e CC. Empresariais.
Representante do PAS da EUT-CENP A Coruña.
Técnico da UTC.
Traballos de Fin de Grao
Regulamento de los Traballos de Fin de Grao.
Criterios de valoración do TFG
Opcións de TFG
Normativa sobre propiedade intelectual e plaxios
Listado de Traballos de Fin de Grao actualizado a setembro de 2017.
Temas de TFG propostos por profesores.
Comisión do Traballo Fin de Grao
Profesor Dr. responsable dos TFG
Profesores da área de Xestión Empresarial e TIC
Profesores da área de Xestión do Territorio e Xestión Turística
Profesora da área de Idiomas