Chámanos::+34 981 160276
 

Egresados

Prácticas en empresas

Verónica Pichel Guisande

A nivel persoal o CENP achegoume grandes amigos, relacións que manteño e que me achegan moitísimo. Permitiume, doutra banda, iniciarme e exercitarme como profesional a través de diversas prácticas en empresas, marcando os meus pasos consecuentes. Achegándome a capacidade de ser máis consciente da miña contorna laboral e de comprender o diferente que é a realidade do sector, das aulas.

Socia cofundadora e Presidenta entre 2012-2017 de PROTURGA (Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia.

Actualmente:
Socia-Directora de Avivae Solucións Estratéxicas S. L. ( AVIVAE SPAIN), consultora especializada en Turismo.
Membro de PROTURGA
Socia do Clúster de Turismo de Galicia

 

Verónica Pichel Guisande

Xanela a un novo mundo

Paula Moreno Fernández

A escola foi para min a xanela a un novo mundo: o mundo das viaxes, da arte e cultura, e de habilidades ou capacidades que eu tiña e que os profesores souberon descubrir. Dedícome a este sector desde entón e o Turismo forma parte xa da miña vida.

 

1995-1999 Axente de Viaxes en Halcón Viajes
2000-2002 Delegada comercial e representante de destino receptivo en Kuoni
2003-2004 Guest Relations at Soneva Fushi Resort and Spa en Six Senses Hotels Resort Spa en Asia
2004-2005 Head of Butlers Evason Hideaway en Six Senses Hotels Resort Spa en Asia
2005-2006 Host Restaurant en Firmdale Hotels PLC en Londres
2006-2007 Comercial en Hoteles Hesperia
2012-2015 CM e xestión de contido RRSS para empresas turísticas
Actualmente comercial do grupo Viajes El Corte Inglés
Creadora e xestora do blogue de turismo: Emprego e Turismo

Paula Moreno Fernández

Formación excelente

Andrea Rey Roca

Volvería facer esta carreira unha e outra vez porque é un sector que se actualiza permanentemente. Durante os anos que estiven na Escola considero que recibín unha formación excelente e conseguín comezar a miña carreira laboral a través da oportunidade que nos brindaron as prácticas. Ademais, coñecín por centos de compañeiros profesionais que me sigo atopando polo camiño e cos que me encanta coincidir.

Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos.
Posgrao Especialista en Protocolo, Comunicación e Imaxe Corporativa.
Premio Extraordinario Fin de Carreira Premio de Normalización-UDC ao Mellor Traballo de Patrimonio do curso 2010-2011.
Cursando Máster en Formación do Profesorado.

Experiencia laboral:
Europcar. Dpto. de vendas.
Informadora en Turgalicia.
Guía en Pazo de Meirás.
Guía Oficial de Galicia.
Organización de congresos en Orzan Congres.
Coordinación eventos, deseño, xestión web e redes sociais en Serglo.
Profesora convidada para impartir os cursos de Turismo Accesible para a EUT CENP desde o curso 2014/2015 ata a actualidade.
Actualmente tripulante Cabina Pasaxeiros en Vueling.

Andrea Rey Roca

Anos enriquecedores académicamente.

Esther Novás Galán

Cursei estudos de Turismo no CENP na promoción 1994-1997. Estes anos foron para min os máis enriquecedores academicamente. Tiven a oportunidade de adquirir a base de coñecementos que me permitiron canalizar o meu desenvolvemento profesional, e forxei ademais as mellores amizades da miña vida, que aínda conservo. Feliz de pertencer e pertencer aínda á familia do CENP.

1997 – 1999 Axente de Viaxes en Almacenista Nogueira Circuítos (Santiago)
1999 – 2002 Guía Oficial de Turismo de Galicia
2002 – 2004 Directora Comercial Hotel Hesperia A Coruña
2004 – 2008 Executiva de Vendas de NH Hoteles na Coruña e Lugo
2008 – 2009 Directora Comercial Hotel Hesperia Finisterre
En 2009 prodúcese a fusión de Hesperia e NH Hoteis polo que cambian as miñas funcións:
2009 – actualidade: Delegada comercial de NH Hotel Group e Hesperia en Galicia

Esther Novás Galán

Aprendizaxe, amizade, respecto

Manuel Sánchez Domato

Aprendizaxe, amizade, respecto. O CENP é como calquera outra familia.

2010-2011 Spanish Tourist Office en Londres (Bolsa TourEspaña)
2010-2013 Promotor e CM en Ver+Medios.
2012-Actualidade Guía e Informador Turístico na Torre de Hércules (Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña). Visitas guiadas teatralizadas e xestión de fluxos.
Bloguero “O avión de papel”

Manuel Sánchez Domato
Borja Portals Caamaño

Ciclo de Hostalería
Diplomado en Turismo ( EUT CENP)
Máster en Dirección de Empresas Turísticas
Máster en Dirección de Empresas de Deseño
Propietario e Xerente do Grupo A Curtiduría Restaurante

Borja Portals Caamaño

Traballos de casos e destinos reais e prácticas curriculares

Rocío Juiz Vázquez

O que sobre todo destacaría dos meus catro anos de carreira é o familiar que é todo: empezando polo edificio, profesores, persoal da Escola e os alumnos, que sentimos moi acollidos desde a primeira charla que dá Carlos Rodríguez na presentación da carreira de turismólogo. Outra cousa para destacar e moi importante son as saídas e comodines da carreira, xa que se fan moitas saídas en varias materias, traballos de casos e destinos reais e prácticas curriculares, que ofrecen moitas oportunidades laborais e cousas nova a aprender.

Asesora e Axente de Cruceiros en Miramar Cruises Consignataria de cruceiros no porto da Coruña.

Desde 2016 Asesora Experta en cruceiros en Miramar Cruceiros (entidade que se atopa entre as catro principais axencias online de Europa, con varios premios por parte das navieras)

 

Rocío Juiz Vázquez
Silvia León Martínez

2016- Gañadora do 2º Premio no “I Certame Internacional de Traballos de Investigación sobre o Camiño Inglés” convocado polo concello de Oroso.

Front Office Shift Leader en Seashells Resort at Suncret Hotel en Malta

Silvia León Martínez