Chámanos::+34 981 160276
 

Grao en Turismo

logo udc

 

 


TITULACIÓN
Grao en Turismo, Universidade da Coruña.
Programa de 4 anos, 240 créditos ECTS, 80 prazas.
Idiomas nos que se imparte: Español / Gallego / Inglés

fachada CENP

DATA DE COMEZO
Setembro 2017

LUGAR ONDE SE IMPARTE
CENP A Coruña
Avda de La Habana, 6-7, 15011 A Coruña
Tel.: +34 981 16 02 76
galicia@cenp.com

POR QUE ESTUDAR A TITULACIÓN

O sector turístico xoga un papel fundamental na xeración de emprego, benestar e riqueza tanto en Galicia coma en España e o resto do mundo. Con máis de 50 anos de experiencia na formación superior, o CENP foi o primeiro centro en impartir estudos de Turismo en España. Ademais, é membro afiliado á Organización Mundial do Turismo (OMT), organismo integrado en Nacións Unidas, e un membro activo da Rede de Coñecemento da OMT. O Grao en Turismo ofrece a oportunidade de adquirir coñecementos multidisciplinares e transversais, xa que abrangue diversas áreas de estudo, tales como economía, idiomas, xeografía, comunicación e as novas tecnoloxías, e específicas do sector, incluíndo intermediación, aloxamentos, patrimonio e xestión de recursos turísticos. O mundo do turismo é esencialmente multicultural, e os alumnos terán a oportunidade de obter unha visión internacional dunha industria innovadora e en constante cambio, grazas non só á formación teórica, senón tamén á mobilidade internacional e o seu amplo programa de prácticas en empresas e institucións turísticas privadas e públicas en España e fóra de España, que proporcionan unha visión real do sector e unha experiencia laboral moi valiosa á hora de enfocar o seu futuro profesional.

PERFIL DE INGRESO DO ALUMNO

Con respecto ao perfil de ingreso, non se establece ningunha restrición específica para estes estudos distinta da que indica a lei (PAU). Existen tantas e tan variadas oportunidades profesionais no ámbito do Turismo no noso país, polo volume de emprego que xera, que resulta útil para calquera perfil. Non obstante recoméndase especialmente aos alumnos que teñan, entre outras, as seguintes características:

  • Interese polas diversas culturas
  • Capacidade de empatía e sensibilidade por aspectos sociais
  • Capacidade de comunicación
  • Facilidade polos idiomas
  • Capacidade de Traballo en equipo e traballo en ámbitos multiculturais
  • Capacidade de iniciativa
  • Creatividade
  • Vontade de servizo

O Sistema de Garantía Interna de Calidade do Centro, dispón de varios procedementos (PC 01, 03, 04, 05 e 06) relacionados co cumprimento deste subcriterio. En concreto:

  • PC03. Perfís de ingreso e captación estudantes: ten por obxecto establecer o modo en que o centro define, fai público e mantén continuamente actualizado o perfil idóneo de ingreso dos seus estudantes para cada unha das titulacións oficiais que oferta, así como as actividades que deben realizar para determinar o perfil real de ingreso con que os estudantes acceden ás devanditas titulacións. Así mesmo, establece as actuacións a realizar para elaborar, aprobar e levar a cabo un plan de captación de estudantes acorde co perfil definido e a oferta de prazas de cada unha das titulacións.
  • PC04. Selección, admisión e matriculación de estudantes: ten por obxecto establecer a sistemática a aplicar na selección, admisión e matrícula de alumnos en títulos do centro e a posterior xestión académica.
  • PC05. Orientación a estudantes: O obxecto do presente procedemento é establecer o modo no que o centro define, fai público e actualiza continuamente as accións referentes a orientar os seus estudantes sobre o desenvolvemento do ensino de cada unha das titulacións que oferta, para que poidan conseguir os máximos beneficios da aprendizaxe.

As actividades de acollida están incluídas no criterio-directriz 5 dos programas FIDES-AUDIT referido a orientación, que inclúe accións de acollida, titoría, apoio á formación e atención á diversidade, polo menos:
PC05. Orientación a estudantes.
PC10. Orientación profesional.
PC13. Inserción laboral.

Plan de estudos

Publicación do plan de estudos (BOE): descargar

Curso de adaptación ao grao: descargar

Folleto: descargar

Grao en Turismo

Saídas Profesionais

O Turismo é un dos sectores que máis postos de traballo xeran en España. Nos últimos anos produciuse unha crecente demanda de novos servizos en turismo como poden ser os relacionados coas novas tecnoloxías ou turismo rural, ecoturismo ou turismo de aventura.

En o Grao en Turismo adquírese coñecementos multidisciplinares e transdisciplinares, xa que ademais de ofrecer unha visión en profundidade dos fundamentos e dimensións do turismo, inclúen materias relacionadas coa dirección e xestión de empresas, destinos e servizos turísticos – intermediación, aloxamentos, comunicación e novas tecnoloxías – ademais de patrimonio, recursos turísticos e idiomas. Unha parte fundamental desta carreira é a combinación de formación teórica e práctica, combinando ‘saber’ con ‘saber facer’ – a clave para calquera profesional. Os alumnos desta carreira deben entender que a industria turística se sustenta sobre unha vocación de servizo e a capacidade dos seus profesionais de desenvolverse en ámbitos multiculturais, demostrando habilidades de comunicación e interacción. Deben demostrar facilidade para a aprendizaxe de idiomas, un carácter aberto e comunicativo, facilidade para relacionarse, dotes de organización, memoria e interese pola cultura, ademais dun espírito empresarial e emprendedor e iniciativa.

  • Operadores de turismo
  • Axencias de viaxes
  • Hostalaría e residencias
  • Congresos, convencións e feiras
  • Oficinas de información turística
  • Organismos oficiais de turismo locais, autonómicos, nacionais ou internacionais
  • Compañías de transporte
  • Empresas de animación turística
  • Balnearios e estacións termais
  • Turismo rural
  • Campos de golf
  • Parques acuáticos
  • Parques recreativos
  • Empresas de aluguer de vehículos
  • Cámpings ou cidades de vacacións
  • Estacións de esquí
  • Docencia
  • Mercadotecnia turística

FUNCIÓNS

Dirección, organización, planificación e xestión de todo tipo de empresas turísticas, labores de guías turísticos, tarefas de interpretación e tradución, animación sociocultural e docencia, programación de rutas turísticas…

Con carácter xeral, o alumnado do Grao en Turismo está capacitado para o desenvolvemento de cargos intermedios e dirección de operacións. Os niveis operativos han de ser cubertos por alumnado procedente dos ciclos formativos, mentres que os niveis de alta dirección serán alcanzados tras a realización dun máster.

Admisión e matrícula

MATRÍCULA

Información sobre admisión, matrícula e tarifas para o curso 2017.

NORMATIVA

Normativa de xestión académica.

Información previa á matriculación e procedementos de acollida.

Enlaces a documentación sobre transferencias de créditos:

Documento de acceso e admisión de estudantes.

Normativa de recoñecemento e transferencia de créditos, texto consolidado ano 2015.

Normativa de recoñecemento e transferencia de créditos, texto consolidado ano 2016.

Actividades polas que se recoñecen créditos nos estudos de grao.

PROCEDEMENTOS DE MATRÍCULA

REQUISITOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA ACCEDER AO GRAO EN TURISMO POR PRIMEIRA VEZ

Secretaria cenpNos prazos de matrícula que establece a UDC, poderán formalizar a matrícula os alumnos que inicien os estudos de Grao e que estén habilitados, ou ben que posuíren algún dos títulos que dan acceso a estes estudos, dos que están previstos no Real Decreto 1892/2008, do 14 de novembro, modificado polo Real Decreto 558/2010, do 7 de maio, desenvolvido na Orden da Consellería de Ordenación Universitaria pola que se regulan as condicións para o acceso ás ensinanzas oficiais do grao e os procedementos de admisión ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia para o curso 2012/2013.

Aqueles alumnos que pretendan iniciar os estudos de primeiro curso de grao, ademais de teren a habilitación a que se refire o parágrafo anterior, deberán estar admitidos para a formalización de matrícula nas sucesivas resolucións da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)

Resumindo:

  • Teñen que solicitar a través dos campus de cada cidade, a titulación ou titulacións que desexen cursar, por orden de preferencia e campus donde exista dita titulación.
  • Unha vez admitidos pola CIUG, ésta publica a resolución de admitidos sinalando as datas nas cales o alumno deberá formalizar a sua matrícula.

REQUISITOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O ALUMNADO TITULADO QUE ACCEDE AO CURSO DE ADAPTACIÓN AO GRAO

  • Estar Diplomado en Turismo.
  • Teren o título antigo de Turismo (TEAT) Técnico en Empresas e Actividades Turísticas.
  • Deberán facer unha solicitude de preinscrición a finais do mes de xuño.
  • En xullo publícase o listaxe provisional dos admitidos, a finais do mes.
  • Tamén a finais do mes de xullo o alumnos, excluído en primeira instancia, pode facer posibles reclamacións ao listaxe provisional de admitidos.
  • A primeiros do mes de agosto publícase no tablón de anuncios do Centro o listaxe definitivo dos admitidos a matrícula.
  • A primeiros do mes de setembro realizase o primeiro prazo de matrícula de admitidos.
  • Sobre a segunda quincena do mes de setembro publicase o listaxe de prazas vacantes.
  • A partires da súa publicación abrese un segundo prazo de matrícula nas prazas vacantes seguindo o listaxe de espera.

NORMAS DE PERMANENCIA – Extracto da Normativa aprobada por Consello de Goberno en Xullo 2013

O número mínimo de créditos que deben superar os alumnos matriculados a tempo completo é de 12 e os alumnos a tempo parcial de 6. De non se cumprir estes requisitos, o alumno poderá ser admitido de novo no curso académico seguinte, pero neste caso deberá supera un mínimo de 36 créditos obrigatorios do primeiro curso para os matriculados a tempo completo, e 18 no caso de tempo parcial.

O número máximo de convocatorias de que dispoñen os estudantes para superar a avaliación dunha materia de titulación de Grado é catro. A formalización da matrìcula da titulación de Grado dará dereito, en cada curso académico, a unha única convocatoria con dúas oportunidades de avaliación que se realizará conforme ao calendario académico aprobado ou a norma que corresponda. No cómputo das convocatorias para superar unha materia non se terán en conta aquelas nas que figure a consideración de “non presentado” (NP).

O alumno de continuación de estudos de Grado, con réxime de tempo completo, deberá matricularse de todos os créditos de formación básica e obrigatoria dos cursos académicos anteriores que non teña superados, respectando o número máximo de créditos autorizado na normativa correspondente.

Esta Normativa non se aplica a alumnos que estean a realizar un curso noutra universidade dentro dun programa de mobilidade.

As normas de permanencia da UDC pódense consultar en:

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/dedicacion_estudo_permanencia.pdf


SISTEMA DE GARANTÍA INTERNA DE CALIDADE (SGIC)

Web de Seguimento da Unidade Técnica de Calidade.

POLÍTICA Y OBJETIVOS DE CALIDADE

Politica e obxectivos de calidade da Escola Universitaria de Turismo CENP

Evidencia PE01-Anexo03

PLANO DE ACCIÓN TUTORIAL

Información acerca do Plano de Acción Tutorial para o curso 2016/17.

Profesores responsables do PAT

GRUPOS DE CALIDADE

Grupos de calidade por áreas.

COMISIÓN ACADÉMICA DO TÍTULO

Curso académico
2017/2018

Nome da comisión
Comisión académica do título.

Funcións
A Comisión académica do título e a responsable da coordinación do mesmo e debe informar e velar polo cumprimento dos obxectivos do título e analizar os resultados. Así mesmo, asume as tarefas que legalmente se lle encomenden.

Membros
Presidenta da Comisión académica do título.
Coordinador do título.
Xefe de estudos.
Profesor do área de idiomas.
Profesor do área de xestión do territorio e xestión turística.
Profesor do área de xestión empresarial e TIC.

Órgano responsable do sistema de calidade do título

Centro
Escola Universitaria de Turismo.

Curso académico
2016/2017

Nome do órgano
Comisión de garantía de calidade do centro EUT-CENP (CGCC).

Funcións
Cumprir cos obxectivos de calidade da EUT-CENP.
Avaliar e controlar o sistema de calidade do Grao en Turismo no CENP da Coruña dentro da política de calidade da UDC.

Membros
Directora da EUT-CENP A Coruña.
Profesor responsable de calidade.
Secretario académico da EUT-CENP A Coruña e coordinador do título de grao.
Administrador responsable da xestión administrativa da titulación.
Xefe de estudos e profesora do área de xestión do territorio como representantes do PDI.
Delegado de Grao en Turismo.
Delegado de Doble Titulación en Turismo e CC. Empresariais.
Representante do PAS da EUT-CENP A Coruña.
Técnico da UTC.

Traballos de Fin de Grao

Regulamento dos Traballos de Fin de Grao.

Criterios de valoración do TFG

Guía docente

Opcións de TFG

Normativa sobre propiedade intelectual e plaxios

Temas de TFG propostos por profesores.

Asignaciones de TFG

Listado de Traballos de Fin de Grao actualizado a setembro de 2017.

Comisión do Traballo Fin de Grao

  • Profesor Dr. responsable dos TFG
  • Profesores da área de Xestión Empresarial e TIC
  • Profesores da área de Xestión do Territorio e Xestión Turística
  • Profesora da área de Idiomas

Normativas e Regulamentos

Regulamento dos traballos de fin de grao.

Normativa sobre propiedade intelectual e plaxios

Regulación do adianto de oportunidades de avaliación para titulacións adaptadas ao EEES.

Normativa de xestión académica.

Información previa á matriculación e procedementos de acollida.

Ligazóns á documentación sobre transferencias de créditos:

Documento de acceso e admisión de estudantes.

Normativa de recoñecemento e transferencia de créditos, texto consolidado ano 2015.

Normativa de recoñecemento e transferencia de créditos, texto consolidado ano 2016.

Actividades polas que se recoñecen créditos nos estudos de grao.

Documento das normas de permanencia da UDC.

Memoria do Grao en Turismo

Última modificación publicada no BOE con data de confirmación do 20 de outubro de 2015.

Descargar arquivo: Memoria do Grao