Llámanos: +34 981 160276
 

Páxina única de información sobre o COVID-19 na UDC

A UDC pon a disposición da comunidade universitaria a web https://www.udc.gal/covid-19/, enlazada desde a portada principal, para concentrar nun único lugar toda a información relacionada coa nova situación producida polo novo coronavirus. Na web hai varias seccións con información de interese:

  • Normativa e resolucións reitorais relacionadas coa situación actual
  • Teletraballo: ferramentas de teletraballo (escritorio virtual, Teams, VPN, etc.) e un enlace ó portal AxudaTIC.
  • Teleformación:
    • Ferramentas de teleformación para PDI e alumnado (Moodle, Teams, etc.)
    • Autoformación para PDI.
    • Guías, modelos e manuais para a docencia virtual
  • Eventos formativos (teleformación e teletraballo)
    • Eventos en vivo da UDC.
    • Ligazóns de acceso ás gravacións de eventos pasados dispoñibles na canle de eventos en vivo en Stream.
    • Webinars sobre Office 365 e de Microsoft Educación.
  • Videotitoriais na canle de Teleformación dispoñible en Stream.
  • #UDCnonPara con datos amosando como a actividade da UDC non para nesta situación.
  • FAQs con preguntas en respostas más habituais.
 

Etiquetas: ,