Chámanos::+34 981 160276
 

Dirección de Seguridade Privada

logo udc

TÍTULO PROPIO DA UNIVERSIDADE DÁ CORUÑA

Tipo de curso: Curso de Formación Específica de Posgrao.

Denominación: Dirección de Seguridade Privada.

Recoñecemento polo Ministerio do Interior do Título Propio para os efectos de habilitación para o exercicio da función de Director de Seguridade Privada o 24 de xaneiro de 2016.

Título Propio da UDC aprobado en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016.

Entidades promotoras e organizadoras: Facultade de Dereito e Escola Universitaria de Turismo – Centro Espeñol de Nuevas Profesiones, adscrita á UDC.

O sector da Seguridade Privada experimentou un crecemento importante nos últimos tempos. A figura do Director de Seguridade está recoñecida pola Lei 23/1992, do 30 de xullo, de Seguridade Privada.

Moitas empresas están obrigadas por norma a dispoñer dun Director de Seguridade que xestione o departamento de seguridade corporativo e que se responsabilíce de todos os ámbitos vinculados á prevención e protección de persoas e bens. Outras empresas, que non están obrigadas legalmente a dispoñer dun departamento de seguridade, vense na necesidade de contar entre os seus empregados cun director de seguridade, debido aos riscos inherentes á propia actividade empresarial.

O desenvolvemento lexislativo en Seguridade Privada, xunto cos avances das novas tecnoloxías fan necesaria unha preparación do Director de Seguridade que  cubra as necesidades das complexas empresas modernas. A defensa das empresas ante a espionaxe empresarial ou industrial, a protección de datos  de carácer persoal ou, mesmo, a seguridade das persoas en grandes acontencimientos deportivos ou musicais dependen  do Director de Seguridade.

A formación do Director de Seguridade debe ser multidisciplinar, coidando a calidade de todos os recursos postos a disposicón da súa prepación, especialmente  as novas tecnoloxías.

Outros títulos similares en España ou Europa:

En España son varias as universidades que ofrecen a posibilidade de cursar os estudos necesarios para cumprir os requisitos legais para obter a habilitación oficial de Director de Seguridade Privada.  Trátase dunha formación amplamente demandada pola sociedade e cun futuro evidente pola necesidade de complementar as accións dun sector público menguante neste ámbito profesional.

OBXECTIVOS DO CURSO

A finalidade dos obxectivos específicos é a de dotar ao alumno de todas as ferramentas necesarias para iniciar a súa actividade profesional. Por esta razón, o curso desenvólvese cunha clara orientación práctica, onde a calidade dos contidos teóricos, das prácticas voluntarias e dos docentes profesionais é prioritaria no proxecto, sendo o fío condutor de todas as actividades.

Ao finalizar os estudos correspondentes ao título propio en Investigación Privada o alumno deberá ser quen de:

  • Xestionar os medios humanos, materiais e técnicos propios dos departamentos de seguridade.
  • Avaliar os riscos da empresa, establecer plans de seguridade e implantación dos mesmos.
  • Dominar a lexislación en materia de seguridade privada.
  • Coñecer da fenomenología delincuencial actual e aspectos criminológicos de interese.
  • Ter a capacidade para asesorar á dirección da empresa en calquera aspecto relacionado coa prevención e a seguridade en xeral.

PERSPECTIVAS LABORAIS DA PROFESIÓN

A lexislación vixente esixe a presenza de carácter obrigatorio do Director de Seguridade en empresas ou entidades cun Departamento de Seguridade, así como nos  establecementos e entidades cun servizo de seguridade integrado por vinte e catro ou máis Vixiantes de Seguridade ou Gardas particulares do Campo.

A Administración pública vai esixindo cada vez máis requisitos de seguridade ás empresas así como formacións máis específicas aos empregados na área da seguridade. É previsible que o camiño iniciado se vaia ampliando aos poucos, regularizando cada vez máis o sector en medidas de prevención.

Estas circustancias fannos supoñer a necesidade crecente na sociedade española de Expertos en Dirección de Seguridade Privada.

Profesion regulada:

O Diploma de Experto en Dirección de Seguridade Privada é necesario para solicitar a habilitación profesional como Director de Seguridade expedida polo Ministerio do Interior.

Como consecuencia, a formación debe adaptarse aos requisitos que son esixidos polo devandito Ministerio. O temario do curso vén establecido pola a Orde INT/318/2011, do 1 de febreiro, sobre persoal de Seguridade Privada (BOE núm. 42, do 18 de febreiro. Corrección de erros en BOE núm. 61, do 12 de marzo), modificada pola Orde INT/2850/2011, do 11 de outubro.

INFORMACIÓN SOBRE EL CURSO

  • Créditos ECTS: 19,20
  • Duración: 1 curso académico (de outubro a marzo)
  • Inicio do curso: outubro de 2018
  • Preinscripción: do 1 de xuño ao 21 de setembro de 2018.
  • Matrícula: d0 24 ao 28 de setembro de 2018.
  • Modalidade: virtual (Campus virtual do CENP con seguimento tutorizado)
  • Total horas: 480
  • Coste: 1.500 euros (curso completo)
  • Máis información do curso na web da Universidade da Coruña

Codirectores do curso:

Dra. Luz Mª Puente Aba (Facultade de Dereito-UDC)

Mercedes Carreño Vicente (EUT-CENP, adscrita á UDC)

Requisitos de acceso:

Nivel mínimo esixido: Secundaria obrigatoria actual (ESO) ou equivalente no ensino obrigatorio precedente, incluindo a FP.

Documentación requirida:

  • Titulación oficial que lle permita o acceso a un curso de especialización.
  • Currículo Vitae.

PROGRAMA

Materias
  • Deontología Profesional.
  • Colaboración con la Seguridad Pública.
  • Protección de datos de carácter personal.
  • Normativa de Seguridad Privada
  • Planificación de la Seguridad
  • Análisis de Riesgos
  • Seguridad Física
  • Seguridad Electrónica
  • Seguridad de Personas
  • Seguridad Lógica
  • Seguridade Patrimonial
  • Seguridade de Entidades de Crédito
  • Protección Civil
  • Seguridade Contra Incendios
  • Prevención de Riscos Laborais
  • Fenomenología da Delincuencia
  • Xestión e Dirección de Actividades de Seguridade Privada
  • Funcionamento dos Departamentos de Seguridade Privada
  • Dirección de Equipos Humanos
  • Proxecto Fin de Curso

O programa do curso de Especialista Universitario en Investigación Privada está axustado ao disposto na Orde Ministerial INT/318/2011 do 1 de febreiro sobre persoal de Seguridade Privada.

PROFESORADO

Son especialistas nas distintas materias do curso, profesores Doutores da Facultade de Dereito da UDC, así como acreditados profesionais en materia de Seguridade Privada.


Por favor, fai clic na seguinte ligazón para acceder ao formulario de inscrición.