Llámanos: +34 981 160276
 

Presentación da fase de diagnóstico do Novo Plan Estratéxico de Turismo de Galicia

Clúster Turismo 2020

O pasado venres 16 de setembro realizouse a presentación da fase de diagnóstico do Plan Estratéxico de Turismo de Galicia na sede do Clúster de Turismo de Galicia en Santiago de Compostela. As tres universidades galegas presentaron o seu diagnóstico do sector turístico galego no proceso de elaboración da Estratexia do Turismo de Galicia 2020.

Como se reflicte na web do propio Clúster: “A xornada estruturouse en tres exposicións, a cargo dos coordinadores pertencentes ás Universidades de Vigo -José Antonio Fraiz-, A Coruña -Antón Álvarez Sousa- e Santiago de Compostela -CETUR, Miguel Pazo- que levaron a cabo as análises e que foron os encargados de poñer sobre a mesa a súa análise en canto á demanda do sector, a oferta turística actual na comunidade e a súa contorna turística. Entre estas conclusións destaca a necesidade de implementar un modelo de negocio sustentable e eficiente que pasa por mellorar a accesibilidade ao destino, loitar contra a estacionalidade da oferta e incrementar os ingresos por turismo no destino apostando por xerar unha oferta flexible, de maior calidade -tanto no que se refire a infraestruturas como a cualificación do persoal-, versátil e innovadora para poder responder as necesidades do novo viaxeiro que reserva con menos antelación e busca experiencias.”

O grupo de traballo da Universidade da Coruña, encargado da análise da contorna, estivo fomado por docentes do Mestrado de Turismo da UDC, entre os que se atopaban os profesores da Escola de Turismo Carlos Rivas (Análise da xestión de calidade) e Óscar Ramos (Análise dos sitemas de información turística). Así mesmo, no grupo de traballo da Universidade de Santiago, encargado da análise da oferta, atopábase o tamén profesor da Escola de Turismo Jakson Renner Rodrigues

Asistiron á esta xornada os alumnos de 4º de Grao, dentro da materia de Xestión Pública do Turismo, así como profesores da EUT-CENP.

 

Etiquetas: ,