Chámanos::+34 981 160276
 

Presentación Proxecto MMIAH

Programa

Xornada de inicio e presentación do Proxecto MMIAH, que terá lugar o próximo día 5 de outubro no Antigo Hospicio de Ferrol, de 16.00 a 20.00 horas. O Proxecto MMIAH ten como obxectivo principal a posta en valor do bordo literal urbano do Espazo Atlántico a través da recuperación de bens en desuso asociados ao patrimonio militar, marítimo e industrial das cidades costeiras. Así mesmo, pretende facilitar o uso social destes e xerar actividades de valor engadido ao redor deles co fin de promover o turismo cultural como factor de sustentabilidade económica.

No Proxecto MMIAH, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa de Cooperación Transnacional Atlantic Area, participan: Concello de Ferrol, Plymouth City Council, Pôle métropolitain Caen Normandie métropole, Câmara Municipal de Ílhavo, Concello de Cádiz, Limerick City and Country Council, Ville da Rochelle, Cork City and Country Council e Liverpool City Region.

Dentro deste acto de presentación, contarase coa presenza de grandes expertos na materia:

  • Rinio Brutomesso, Presidente de Rétea (Asociación para a Colaboración entre Portos e Cidades), que protagonizará o relatorio marco “Waterfronts e cidades portuarias en transformación. Recuperación de espazos no bordo literal das cidades. Retos e Desafíos”.
  • Steve Sherlock, Juan Álvaro Alayo y Joan Alemany que expoñerán “Casos de éxito de transformación do bordo literal de cidades”, nunha mesa redonda moderada polo Doutor Arquitecto da UDC, Javier González Harguindey.
  • Paulo Costa (Comunidade Intermunicipal do Ave)  que presentará as Iniciativas de desenvolvemento turístico, turismo industrial.
 

Etiquetas: ,

 

Máis publicacións en Cursos