Chámanos::+34 981 160276
 

Proxecto de voluntariado: “A túa Historia de verdade Importa”

NECESITAMOS VOLUNTARIOS PARA UN PROXECTO ÚNICO!!

Queridos amigos da Coruña:

Estamos felices de anunciarvos o comezo do proxecto “A túa Historia de verdade Importa” na Coruña, da man de Fundación Maria José Jove.

Esta iniciativa dá voz aos nosos maiores, permitíndolles narrar as súas vivencias nun libro que reflicta a historia das súas vidas, grazas ao traballo voluntario dos nosos novos narradores.

Queres ter a oportunidade de escribir o teu propio libro reflectindo as vivencias e valores dunha persoa maior? Queres dedicarlle o teu tempo a alguén de maneira desinteresada, aprendendo da experiencia de quen máis saben da vida?

Estamos a facer a selección do equipo de narradores desta primeira edición. Se es maior de 18 anos e podes comprometerche a realizar visitas semanais ao protagonista na súa residencia, e tes tempo e ganas de escribir o teu propio libro, encantaríanos poder coñecerche en persoa.

Podes darche de alta e saber máis sobre o proxecto en www.tuhistoriadeverdadimporta.org

Moitísimas grazas polo teu interese!

“A túa Historia De verdade Importa” é un proxecto do que De verdade Importa en alianza con Fundación SM, Fundación Gondra Barandiarán e Fundación Telefónica.

 

 

Etiquetas: ,