Llámanos: +34 981 160276
 

A arte de conVencer

En gran medida a nosa vida é o resultado de como nos comunicamos coa nosa contorna. As persoas exitosas son aquelas que ademais de facer un bo traballo técnico ten unha comunicación que logra os seus propósitos sen que o interlocutor se senta agredido.

No seu taller A arte de conVencer, Marcelo Castelo, o único galego pertencente a Thinking Heads, o máis importante think tank de fala hispana, ademais de lembrarnos a diferenza entre falar e persuadir ensinaranos as claves que nos permitirán poñernos no grupo de cabeza da nosa profesión.  http://www.marcelocastelo.com/presentaciones/del-powerpoint-al-persuasion-point/

Para que tanto alumnos como egresados poidades compatibilizar as vosas responsabilidades académicas e profesionais o taller terá lugar no CENP ao longo de 4 venres en horario de tarde.

O CENP ofrece o curso por un prezo especial para os seus alumnos e egresados de 50€

Prazas por rigorosa orde de inscrición no correo galicia@cenp.com

Días e horario:

Venres de 16:00 a 21:00
Duración: 20 horas.

Datas:

14, 21 e 28 de outubro e 4 de novembro

 

Etiquetas: ,