Llámanos: +34 981 160276
 

Taller Turismo Accesible

A Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia, PROTURGA, pon en marcha un “Taller de Turismo Accesible: persoas con discapacidade auditiva” destinado a empresas e profesionais do turismo. Terá lugar o sábado 30 de novembro no Hotel Carris Marineda en A Coruña. Adxuntamos tríptico co programa do taller.

Dende Proturga queremos animar aos nosos socios e ao resto de profesionais do turismo de Galicia a acompañarnos neste primeiro Taller de Turismo Accesible.

Podedes seguir toda a información nas redes sociais da Asociación.

Non vos demoredes, só quedan 15 días para poder inscribirse.

www.proturga.org

 

Etiquetas: ,