Llámanos: +34 981 160276
 

Curso de turismo accesible

Os pasados 3 e 4 de novembro tivo lugar na Escola de Turismo CENP da Coruña o curso de turismo accesible organizado pola PREDIF (Plataforma Representativa Estatal de Personas con Discapacidad Física).

Turismo Accesible inauguración

Na inauguración do curso participaron Carlos Rodríguez; Javier Vieites, Presidente de ASPAYM, e Rafael de la Muslera, conselleiro técnico do Real Patronato sobre Discapacidade.

Na mesa redonda sobre turismo accesible participaron: Carlos Rodríguez como moderador, José Luís Maestro Castiñeiras Director de Competitividad de Turismo de Galicia ( Xunta), Bárbara Navas Subdirectora do Hotel Carrís Marineda e Ángeles Miguelez do Departamento de Didáctica, Vixilancia e Guías do Museo Provincial do Mar de Lugo.

Turismo Accesible CENP

No curso participaron os monitores de PREDIF Luigi Leporiere, Óscar García e Noelia Cuenca que figuran na foto de grupo xunto cos alumnos do curso.

 

Etiquetas: ,