Chámanos::+34 981 160276
 

Xornadas de orientación laboral

O pasado 19 de decembro celebrouse a xa tradicional Xornada de Orientación Laboral no CENP. A sesión comezou coa presentación da ” Escuela de Negocios Galicia Business School” da man de Eduardo García Erkiaga, Director. A continuación un obradoiro titulado ” A Economía Social. Fórmulas de emprendemento colectivo” impartido por Begoña Fernández, consultora da asesoría FISBE, e unha charla sobre Liderado e xestión turística co psicólogo Aquilino Lousa. Para rematar, e como xa é habitual, un grupo de antigos alumnos desenvolveron unha amena mesa redonda na que falaron das súas traxectorias profesionais en distintos ámbitos do sector: Paula Moreno ( Viaxes El Corte Inglés), Esther Novás (NH Hotel Group Galicia), Verónica Pichel ( Avivae Consultora), Manuel Sánchez Manu SD ( Informador Torre de Hércules-Guía turístico), Silvia Leon Martinez ( Seashells Resort and Suncrest- Malta) y Rocío Juíz Ro Juiz ( Miramar Cruises). Foi un pracer poder reencontralos e escoitalos. Moitas grazas a todos eles pola súa colaboración.

Eduardo-Garcia-Erkiaga
Begona-Fernandez
Aquilino-Loseta
mesa-redonda-xornadas-2017

 

Etiquetas: ,

 

Máis publicacións en Actividades