MATRÍCULA
Información sobre admisión, matrícula e tarifas para o curso 2019/20.
NORMATIVA
Normativa de xestión académica.
Información previa á matriculación e procedementos de acollida.
Enlaces a documentación sobre transferencias de créditos:
Documento de acceso e admisión de estudantes.
Normativa de recoñecemento e transferencia de créditos, texto consolidado ano 2015.
Normativa de recoñecemento e transferencia de créditos, texto consolidado ano 2016.
Actividades polas que se recoñecen créditos nos estudos de grao.
MATRÍCULA
PROCEDEMENTOS DE MATRÍCULA
REQUISITOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA ACCEDER AO GRAO EN TURISMO POR PRIMEIRA VEZ
Nos prazos de matrícula que establece a UDC, poderán formalizar a matrícula os alumnos que inicien os estudos de Grao e que estén habilitados, ou ben que posuíren algún dos títulos que dan acceso a estes estudos, dos que están previstos no Real Decreto 1892/2008, do 14 de novembro, modificado polo Real Decreto 558/2010, do 7 de maio, desenvolvido na Orden da Consellería de Ordenación Universitaria pola que se regulan as condicións para o acceso ás ensinanzas oficiais do grao e os procedementos de admisión ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia para o curso 2012/2013.
Aqueles alumnos que pretendan iniciar os estudos de primeiro curso de grao, ademais de teren a habilitación a que se refire o parágrafo anterior, deberán estar admitidos para a formalización de matrícula nas sucesivas resolucións da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)
Resumindo:
- Teñen que solicitar a través dos campus de cada cidade, a titulación ou titulacións que desexen cursar, por orden de preferencia e campus donde exista dita titulación.
- Unha vez admitidos pola CIUG, ésta publica a resolución de admitidos sinalando as datas nas cales o alumno deberá formalizar a sua matrícula.
REQUISITOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O ALUMNADO TITULADO QUE ACCEDE AO CURSO DE ADAPTACIÓN AO GRAO
- Estar Diplomado en Turismo.
- Teren o título antigo de Turismo (TEAT) Técnico en Empresas e Actividades Turísticas.
- Deberán facer unha solicitude de preinscrición a finais do mes de xuño.
- En xullo publícase o listaxe provisional dos admitidos, a finais do mes.
- Tamén a finais do mes de xullo o alumnos, excluído en primeira instancia, pode facer posibles reclamacións ao listaxe provisional de admitidos.
- A primeiros do mes de agosto publícase no tablón de anuncios do Centro o listaxe definitivo dos admitidos a matrícula.
- A primeiros do mes de setembro realizase o primeiro prazo de matrícula de admitidos.
- Sobre a segunda quincena do mes de setembro publicase o listaxe de prazas vacantes.
- A partires da súa publicación abrese un segundo prazo de matrícula nas prazas vacantes seguindo o listaxe de espera.
NORMAS DE PERMANENCIA – Extracto da Normativa aprobada por Consello de Goberno en Xullo 2013
O número mínimo de créditos que deben superar os alumnos matriculados a tempo completo é de 12 e os alumnos a tempo parcial de 6. De non se cumprir estes requisitos, o alumno poderá ser admitido de novo no curso académico seguinte, pero neste caso deberá supera un mínimo de 36 créditos obrigatorios do primeiro curso para os matriculados a tempo completo, e 18 no caso de tempo parcial.
O número máximo de convocatorias de que dispoñen os estudantes para superar a avaliación dunha materia de titulación de Grado é catro. A formalización da matrìcula da titulación de Grado dará dereito, en cada curso académico, a unha única convocatoria con dúas oportunidades de avaliación que se realizará conforme ao calendario académico aprobado ou a norma que corresponda. No cómputo das convocatorias para superar unha materia non se terán en conta aquelas nas que figure a consideración de “non presentado” (NP).
O alumno de continuación de estudos de Grado, con réxime de tempo completo, deberá matricularse de todos os créditos de formación básica e obrigatoria dos cursos académicos anteriores que non teña superados, respectando o número máximo de créditos autorizado na normativa correspondente.
Esta Normativa non se aplica a alumnos que estean a realizar un curso noutra universidade dentro dun programa de mobilidade.
As normas de permanencia da UDC pódense consultar en: