Se tes pensado facer unha mobilidade internacional Erasmus no curso 2020/21, informámoste de que a Oficina de Relacións Internacionais acaba de publicar a Convocatoria de Bolsas Santander Erasmus Universidades para o curso 2020/21.
Estas bolsas ofertadas polo Banco Santander son complementarias ás bolsas Erasmus.
Para solicitalas, antes do 16 de marzo de 2020, tes que realizar os seguintes trámites:
-
- Presentar o impreso de solicitude seguindo as indicacións da Convocatoria da UDC: https://www.udc.es/gl/ori/inf_estudiantes_UDC/bolsas_complementarias/santander-erasmus/
- Rexistrarte na páxina do Banco Santander: https://www.bolsas-santander.com/