Ao abeiro do convenio coa Consellería de Traballo e Benestar, a UDC ofrece ao estudantado, ás persoas que se acaban de titular, así como ao persoal docente investigador ferramentas para desenvolver iniciativas empresariais e profesionais.
Business Thinking ofrece un programa de formación práctica para desenvolver ideas empresariais ou profesionais innovadoras en calquera ámbito, ben sexa de produto ou de servizos.
- Destinatarios: alumnado da UDC, mestrados, doutoramento e a persoas que se acaban de titular; así como ao persoal docente e investigador.
- Lugares de impartición:
- A Coruña – Edificio área científica (tres cursos organizados segundo áreas de coñecemento).
- Ferrol- Edificio de apoio ao estudo.
- Duración do curso: 24 horas presenciais e 4 en liña durante o mes de novembro de 2015.
- Presentación de solicitude: aberta.
- Inscrición: sen cuota de inscrición.
Business Thinking está dotado dun premio que consistirá no uso dun espazo para seguir a desenvolver o proxecto no Viveiro de empresas da UDC durante un ano e mais un paquete de 10 horas de asesoramento en xestión empresarial e propiedade industrial e intelectual ofrecido pola OTRI.
A participación neste curso de mellora da empregabilidade do alumnado da UDC ten un recoñecemento de 3 (tres) créditos ECTS para alumnos de GRAO.
Información completa do curso e formulario de inscrición na seguinte ligazón:
http://www.udc.es/emprego/formacion/obradoiros
Etiquetas: 2015, Business Thinking