Llámanos: +34 981 160276
 

CEIDA – Interpretación do Patrimonio

16ª EDICIÓN CURSO BÁSICO ONLINE INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO

O CEIDA acaba de abrir o prazo de inscrición para a 16ª edición do Curso Básico de Interpretación do Patrimonio, que terá lugar do 22 de febreiro ao 25 de marzo de 2016. Este curso de formación online ten unha duración de 35 h. e está impartido por Ambientarte, co apoio da Asociación para a Interpretación do Patrimonio (AIP). Dirixido a todas as persoas que desexen iniciarse no coñecemento e no uso efectivo da disciplina da Interpretación do Patrimonio: xestores de uso público de espazos con interese patrimonial, persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías-intérpretes, educadores/as ambientais, informadores/as turísticos, educadore/as en xeral, ou público interesado.

A matrícula é de 90 € (cun desconto dun 10 % para socios da AIP), e inclúe titorías personalizadas e todo o material didáctico.

Todos os textos estarán dispoñibles en galego e español.

Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/formacion/curso-online-basico-interpretacion-do-patrimonio-16-edicion.html

 

Etiquetas: ,

 

Máis publicacións en Cursos