Llámanos: +34 91 566 23 44
 

CEIDA – CURSO ONLINE INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO

ceida curso interpretación patrimonio 2017

O CEIDA mantén aberto o prazo de inscrición para a 19ª edición do Curso Básico de Interpretación do Patrimonio, que terá lugar do 14 de febreiro ao 15 de marzo de 2017. Este curso de formación online ten unha duración de 35 h. e está impartido por Ambientarte, co apoio da Asociación para a Interpretación do Patrimonio (AIP). Dirixido a todas as persoas que desexen iniciarse no coñecemento e no uso efectivo da disciplina da Interpretación do Patrimonio: xestores de uso público de espazos con interese patrimonial, persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías-intérpretes, educadores/as ambientais, informadores/as turísticos, educadore/as en xeral, ou público interesado.

A matrícula é de 90 € (cun desconto dun 10 % para socios da AIP), e inclúe titorías personalizadas e todo o material didáctico.

Todos os textos estarán dispoñibles en galego e español.

Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/formacion/curso-online-basico-interpretacion-do-patrimonio-19-edicion.html

 

Etiquetas: , ,

 

Máis publicacións en Cursos