Llámanos: +34 981 160276
 

CEIDA – Interpretación do Patrimonio

O CEIDA acaba de abrir o prazo de inscrición para a 14ª edición do Curso Básico de Interpretación do Patrimonio que terá lugar do 26 de maio e 26 de xuño de 2015. Este curso de formación online ten unha duración de 35 h. e está impartido por Ambientarte, co apoio da Asociación para a Interpretación do Patrimonio (AIP).

Dirixido a todas as persoas que desexen iniciarse no coñecemento e no uso efectivo da disciplina da Interpretación do Patrimonio: xestores de uso público de espazos con interese patrimonial, persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías-intérpretes, educadores/as ambientais, informadores/as turísticos, educadore/as en xeral, ou público interesado.

A matríula é de 90€  (cun desconto dun 10 % para socios da AIP), e inclúe titorías personalizadas e todo o material didáctico.

Todos os textos estarán dispoñibles en galego e español.

Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/formacion/curso-online-basico-interpretacion-do-patrimonio-14-edicion.html

 

Etiquetas:

 

Máis publicacións en Cursos