Llámanos: +34 981 160276
 

CENP A Coruña

Fachada del CENP A Coruña

A Escola de Turismo CENP da Coruña é un centro de estudos universitarios adscrito dende 1998 á Universidade da Coruña, que imparte o Grao de Turismo e a Dobre Titulación en Ciencias Empresariais e Turismo, asi como estudos de Formación Profesional.

O CENP da Coruña encóntrase situado nun edificio singular visible dende toda a praia de Riazor, gozando dunhas espectaculares vistas ao océano. Conta cun xardín privado situado á altura da primeira planta.

Cidade nomeada pola ONU en novembro de 2001 a cidade máis ecolóxica do mundo. Esta situada en Galicia, a rexión máis verde de España.

En Galicia, cultura, tradición e historia mestúranse coa natureza, e A Coruña é un bo exemplo diso. Un faro romano, rúas e igrexas medievais, cidade moderna, acuario, museos… e a posibilidade de visitar nun día o faro máis occidental de Europa ou a catedral de Santiago de Compostela.

Instalaciones CENP A Coruña

 
 

Máis publicacións en Sin categorizar