Llámanos: +34 981 160276
 

Charla: ETIOPÍA “Addis Addis»

Venres 8 de abril ás 12:00 na aula 11

Charla: ETIOPÍA «Addis Addis»

Carlos Agulló
Xornalista e subdirector de La Voz de Galicia

Addis AddisCarlos Agulló é o autor do libro «Addis Addis», unha crónica da capital de Etiopía en trece capítulos, a través da observación persoal e do testemuño de once personaxes. Uns coñecidos, como o atleta Haile Gebreselassie ou o pintor Afewerk Tekle; axitadores da vida cultural da cidade, como Melaku Belay, un neno da rúa que se converteu en bailarín, ou Munit Mesfin, unha cantante que deixou unha vida encarrilada en Estados Unidos para regresar a Etiopía; mozos profesionais, como a arquitecta Selam Tewasom, que non renuncia ás oportunidades de diversión que lle ofrece a súa cidade; ou Wubalem Tadesse, un enxeñeiro forestal que se formou en Cuba e en España; Mohamed e Peter, nenos que se teñen que patear as rúas para sobrevivir, ou Filagot, recentemente graduada como enfermeira para orgullo do seu modesto barrio da periferia.

Blog: Mamá Etiopía

 

Etiquetas: ,

 

Máis publicacións en Actividades