O CEIDA acaba de poñer en marcha a 1ª edición do Curso Online Avanzado de Interpretación do Patrimonio: Deseño de Visitas Guiadas Interpretativas, que terá lugar do 23 de maio ao 24 de xuño de 2017. A actividade está dirixida a todas as persoas pertencentes ao ámbito do Turismo e o Patrimonio, guías-intérpretes, do ámbito da Educación Ambiental e educadores en xeral que realicen ou desexen realizar visitas guiadas efectivas. Estará impartido por María Antonia López, Educadora Social especialista en Interpretación do Patrimonio e Accesibilidade; e Isabel Fernández, experta en Proxectos de Comunicación Patrimonial Integral.
Todos os materiais e actividades do curso estarán dispoñibles en galego e español.
A inscrición xa está aberta e as prazas son limitadas.
Máis información: http://www.ceida.org/formacion/curso-online-avanzado-interpretacion-do-patrimonio-deseno-visitas-guiadas-interpretativas.