Llámanos: +34 981 160276
 

Equus Cebra – Recollida de roupa usada

En colaboración con EQUUS ZEBRA (Asociación de axuda á integración e orientación de persoas desfavorecidas na Coruña) realizarase unha recollida de roupa usada nas nosas instalacións. Todos aqueles que desexen colaborar poden facer a súa doazón durante os meses de marzo e abril e depositala nun colector que está situado na EUT-CENP (preguntar en Administración ou Reprografía)

Pódese doar roupa e outro tipo de complementos, inclusive libros ou contos infantís. Prégase traer a doazón de roupa en bolsas pechadas. Podedes encontrar máis información sobre Equus Zebra en www.equuszebra.es

Póster Equus Zebra