Alumnos de Grao e da Dobre Titulación da Escola de Turismo tiveron ocasión de participar na segunda edición do Fórum Gastronómico na Coruña.
Ao longo de tres días, do 15 ao 17, A Coruña reuniu grandes profesionais da cociña nacional e internacional. Case un centenar de profesionais realizaron preto de 70 actividades repartidas entre o Auditorio, con capacidade para 400 persoas, 4 talleres e os postos. A porcentaxe de ocupación foi do 100% en todos os espazos. Talleres sen prazas dispoñibles, un auditorio ata a bandeira e unha feira chea foi a tónica xeral dos tres días.
Segundo a organización máis de 23.000 persoas pasaron por ExpoCoruña ao longo de tres días de intensa actividade.
Etiquetas: 2015, fórum gastronómico