O pasado venres 18 de outubro tivo lugar no concello de Oroso o II Certame Internacional do Camiño Inglés, adicado, nesta ocasión, á figura do primeiro peregrino húngaro, Janós Zadori, cuxo viaxe por estes lugares produciuse hai 150 anos. No transcurso do acto, a embaixadora de Hungría en España, Enikö Györi, descubriu unha placa en honra do seu compatriota manifestando que “é un orgullo que os que pasen a partir de agora por Oroso coñezan a historia do viaxeiro húngaro”. Estiveron presentes, así mesmo, os alcaldes dos concellos de Oroso, Manuel Mirás Franqueira; Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes; Pontedeume, Bernardo Fernández, e o responsable de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.
Ao acto asistiron, tamén, os alumnos de 4º de Grao de Turismo, Mercedes Carreño, Directora do CENP e Carlos Rodríguez, Secretario académico do CENP.
Etiquetas: 2018, Camino Inglés