Llámanos: +34 981 160276
 

Congreso de educación ambiental

No 2007 o CEIDA organizou o I Congreso de Educación Ambiental dos Países Lusófonos, un encontro internacional onde 250 participantes de oito países de lingua portuguesa e Galicia analizaron o estado da arte da educación ambiental nos seus países, rexións e comunidades. Este ano terá lugar a terceira edición deste evento co obxectivo de seguir traballando no fortalecemento da REDELUSO e da propia Educación Ambiental.
O III Congreso de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa celebrarase en Murtosa (Portugal) do 8 ao 11 de xullo, e nesta ocasión centrarase na Educación Ambiental e a Participación Social.

Máis información e inscricións: http://www.ealusofono.org/

 

Etiquetas: ,