Llámanos: +34 981 160276
 

Incubadora de proxectos

Co propósito de ampliar información e dar asesoramento a aqueles mozos que poidan estar interesados en presentar un proxecto de participación xuvenil, os técnicos da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, impartirán no Centro Español de Novas Profesións, un taller práctico baixo o nome de Incubadora de proxectos o próximo mércores 15 de abril ás 17,30 horas na aula 11 (1ª planta).

Iniciativa Xove é un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que financia proxectos de participación xuvenil con ata 4000 €. Poden solicitar a subvención as asociacións, xuvenís, as asociacións prestadoras de servizos á xuventude e grupos informais de mozos (Enténdese por grupo informal, un grupo de entre 5 e 8 mozos dos 18 aos 30 anos que sen necesidade de estar constituídos como asociación, xúntanse para desenvolver un proxecto en concreto). A convocatoria deste ano está prevista para o mes de abril.

As áreas prioritarias de traballo de Iniciativa Xove son:

Desenvolvemento de ideas no campo do emprendimento e a empregabilidade.
Fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de accesibilidade da xuventude con minusvalidez cara a actividades de ocio e culturais.
Experiencias de educación non formal en distintos campos.
Creación de espazos para a comunicación e as novas tecnoloxías.
Dinamización das mulleres novas galegas na toma de decisións, xestión e liderado.

No seguinte enlace poderedes consultar as anteriores convocatorias de Iniciativa Xove e un repositorio de proxectos que foron financiados.

http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

Pregamos confirmar asistencia a través do correo galicia@cenp.com ou en Relacións Externas.

Descargar folleto informativo.

Iniciativa Xove Incubadora de proxectos 2015

 

Etiquetas: ,

 

Máis publicacións en Actividades