Llámanos: +34 981 160276
 

CEIDA – Obradoiro Metodoloxía para a interpretación do patrimonio

Do 26 ao 29 de novembro terá lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), o Curso-obradoiro Metodoloxía para a Interpretación do Patrimonio: Procedementos e técnicas de comunicación para achegar o patrimonio natural e cultural ao público non-cautivo, impartido polo experto en interpretación Jorge Morales Miranda.

A actividade está dirixida a traballadores/as con funcións en interpretación-presentación do patrimonio ao público, vinculados a sitios históricos, monumentos, xacementos, espazos naturais protexidos ou museos, xestores/as culturais, guías, responsables de programas de uso público, empresas de servizos turísticos, educadores ambientais, ou público xeral interesado.

Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/formacion/curso-obradoiro-metodoloxia-para-interpretacion-do-patrimonio.html

ceida obradoiro interpretación patrimonio

 

Etiquetas: ,

 

Máis publicacións en Cursos