Moitos de vós contactan connosco para preguntar como podedes certificar oficialmente o voso nivel de inglés, ben para motivos de traballo, estudo ou mobilidade internacional (Erasmus, etc.).
Por iso estamos moi contentos de informarvos que desde este curso o CENP é un centro examinador oficial para os Pearson Tests of English General. Estes son exames comunicativos que avalían as catro destrezas do inglés: comprensión auditiva, lectura, expresión escrita e oral. Os exames realízaranse no noso centro tres veces ao ano (decembro, maio e xuño) e serán corrixidos por examinadores no Reino Unido.
Existen seis niveis aliñados ao Marco Común de Referencia Europea para as linguas:
PTE General – Nivel |
Common European |
Nivel A1 – Foundation | A1 |
Nivel 1 – Elementary | A2 |
Nivel 2 – Intermediate | B1 |
Nivel 3 – Upper Intermediate | B2 |
Nivel 4 – Advanced | C1 |
Nivel 5 – Proficient | C2 |
Todos os niveis do PTE General están globalmente recoñecidos e son aceptados por empresas e universidades en moitos países como proba do nivel de inglés. Os certificados son expedidos por Edexcel, unha empresa de Pearson e o maior organismo examinador do Reino Unido.
Podedes simplemente matricularvos para o exame no Centro ou tamén preparalo connosco en grupos reducidos.
O CENP celebrará unha sesión informativa o luns 19 de outubro ás 19.00 horas na aula 11 para todos os que esteades interesados. Asistirá a esta reunión Mark Wilson, o responsable destes exames en España. Mentres tanto, poderedes atopar máis información sobre os exames na seguinte ligazón:
http://pearsonpte.com/pte-general/
Tamén podedes escribir a sarah.moss@udc.es para máis información.
Etiquetas: 2015, PTE - General