Llámanos: +34 981 160276
 

Alumnas da Escola de Turismo CENP galardoadas no Primeiro Certame Internacional de Investigación do Camiño Inglés

logo

Entregados en Oroso os premios do Primeiro Certame Internacional de Investigación do Camiño Inglés.
Premios Camiñoo Inglés

Alumnas da Escola de Turismo CENP da Coruña foron galardoadas no Primeiro Certame Internacional de Investigación do Camiño Inglés nas seguintes categorías:

  • Silvia León (ex alumna), 2º Premio na categoría de «Investigación do Camiño Inglés».
  • Sara Pose Martínez (3º de Grao), 3er Premio na categoría de «Diario de Peregrino».
  • Adriana García Vicente, Ángela Pita Pena e Sara Pose Martínez (3º de Grao) , Mención especial na categoría de «Investigación do Camiño Inglés».

Segundo a publicación «Periódico del camino«: «Só faltaron os premiados de Lancaster (Gran Bretaña) e Irlanda por serlles imposible desprazarse. O resto acudiu o venres 13 pola tarde a Sigüeiro, capital do municipio coruñés de Oroso e pulmón do Camiño Inglés, a recoller os premios do I Certame Internacional de Investigación centrado nesa ruta xacobea. O acto resultou elegante e entrañable, cun público con ganas de aplaudir tanto aos premiados como a dous mozos virtuosos do violín que fixeron senllas actuacións como a do vídeo inicial que recollía os principais monumentos do Camiño Inglés. Foi algo máis dunha hora onde todos os que fixeron uso do micrófono auguraron un futuro máis optimista para esa ruta. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, lamentou que outros colegas seus non se implicasen na súa mellora, pero asegurou que, como vén facendo desde 1991, Oroso continuará coa promoción do Camiño Inglés e anunciou que en setembro se convocaría a segunda edición do premio. Así mesmo, comunicou que ese concello estará presente na peregrinación simbólica que terá lugar o 11 de xuño da cidade inglesa de Durham, auténtica cabeza do Camiño Inglés».

Premios Camino Inglés Oroso
Adriana García Vicente, Sara Pose Martínez e Ángela Pita Pena na entrega dos premios.

 

 

 
 

Máis publicacións en Actividades