Llámanos: +34 981 160276
 

Acto de despedida da III promoción do Grao en Turismo

O pasado 5 de xuño celebróuse no paraninfo da UDC o acto académico de despedida da III promoción do Grao en Turismo. Durante o acto fíxose a entrega do V premio Dr. Vázquez Iglesias ao grupo empresarial galego GADISA.

III Promoción Turismo Coruna
Acto académico de despedida da III promoción do Grao en Turismo.

III Promoción Turismo Coruna
Entrega do V Premio Dr. Vázquez Iglesias ao grupo empresarial galego do sector da distribución de alimentos GADISA, entidade que contribuíu á promoción de Galicia como destino turístico a través das súas recoñecidas campañas publicitarias, Gadisa coouse nas nosas casas como unha marca familiar, próxima, reivindicativa co noso, e que loita para que nos sintamos orgullosos do que somos: galegos. Recolleu o galardón en nome de Gadisa D. José Luís Fernández Astray, Director de Comunicación, e fixeron entrega do mesmo Tamara Fernández Doval, alumna representante da promoción, e Dª. Beatriz Coleman, viúva do Dr. Vázquez Iglesias.

III Promoción Turismo
A encargada de representar os seus compañeiros de Promoción foi Zenaide Rodríguez Sánchez en cuxo discurso destacou os valores de traballo, esforzo e loita naquilo que realmente lles importa, o turismo, desexando que esta viaxe que elixiron lles leve, finalmente, a un destino merecido.

III-promocion-turismo-coruna
Intervención do padriño da promoción, Carlos Rodríguez Carro, Secretario Académico e profesor da EUT.

III Promoción Turismo Coruña
Foto da III Promoción do Grao en Turismo co padriño Carlos Rodríguez

III-promocion-turismo-cenp
Finalizado o acto académico, alumnos e familiares trasladáronse á sede do CENP onde foron agasallados cun cóctel de despedida. Neste mesmo acto o padriño e madriña honorífica recibiron senllos agasallos dos alumnos da III promoción.

Galería fotográfica

 

Etiquetas: ,