Onte o alumnado de Galicia como destino turístico organizou outra saída intensiva ao Ferrol. Grazas a Eduardo Hermida ( xa premiado por outra promoción) puidemos coñecer o proxecto das Meninas de Canido e a recuperación do barrio; tamén o magnífico SGHN – Museo de Historia Natural da man de dous guías de luxo, Xoan Rodriguez Silvar e Pablo Torrella; o sorprendente Museo da Construcción Naval ( Exponav), cunha amena visita de Arancha, unha das guías. Despois tres alumnos explicaron o Barrio da Magdalena, Ferrol Vello, o Castelo de San Felipe e a ría. A visita rematou en Monteventoso.
Etiquetas: 2017, saídas de campo