O alumnado das materias de Xestión Pública e Galicia como destino turístico visitou Laxe o pasado 16 decembro no marco das habituais saídas de campo realizadas en ambas materias.
En primeiro lugar, ofrecéronse relatorios dinamizados por un grupo de alumnas, no que falaron Xosé Manuel Pouse (Concelleiro de comercio, hostalería e turismo) e María José Mato (Técnica de Turismo).
A continuación, visitouse o Museo do Mar de Laxe, da man de Joaquín Vidal (Técnico de turismo).
Finalmente, realizouse unha visita á localidade cun percorrido organizado por outro grupo de alumnos.
Reiteramos o noso agradecemento ao Concello de Laxe polo seu cordial recibimento e colaboración ano tras ano.
Etiquetas: 2016, 2016, laxe, saídas de campo, saídas de campo