Llámanos: +34 91 566 23 44
 

Visita da Universidade Aichi Perfectual do Xapón ao CENP

Cenp - Aichi Xapón

O pasado 12 de marzo recibimos a visita dos profesores Miki Itoigawa (profesora do departamento de Estudos Hispánicos), Takenaka Katsuyuki e Shigeru Nakajima (profesores de Xeografía) da Aichi Prefectual University do Xapón, acompañados de Ana López Pampín, membro da Oficina de Relacións Internacionais, co gallo de coñecer o funcionamento dos estudos de Turismo do CENP.

En virtude dun convenio bilateral entre a UDC e a Aichi Prefectual University, unha alumna da nosa Escola, Irene Gómez de 2º de Grao, estivo este curso seguindo os estudos de Turismo no Xapón, mentres que o curso que vén o CENP acollerá un alumno da devandita universidade xaponesa.

 

 

 

Etiquetas: ,