Llámanos: +34 981 160276
 

Visita á Autoridade Portuaria da Coruña

O pasado 15 de novembro os alumnos do curso primeiro fixeron outra visita para seguir coñecendo axentes turísticos da cidade. Nesta ocasión achegáronse a Autoridade Portuaria e a Terminal de cruceiros, rematando a xornada na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia situada na Mariña.

Na Autoridade Portuaria foron recibidos por Irene Lamas e Samanta García-Carro quenes deron unha charla na que se fixo especial fincapé na importancia dos cruceiros para a cidade, o crecemento en número de chegadas e o papel que xoga a Autoridade Portuaria tanto na captación de cruceiros coma na organización de todas as operacións unha vez que estes chegan á cidade.

A visita continuou na terminal de cruceiros, onde un responsable da empresa que a xestiona mostroulles as instalacións e o seu funcionamento.

Completouse a xeira na Oficina de Turismo, onde foron atendidos por Marta Budiño, antiga alumna da Escola, quen lles explicou brevemente a importancia da Oficina na cidade, o seu funcionamento e algunhas anécdotas e curiosidades.

 

 

Etiquetas: ,

 

Máis publicacións en Actividades