O pasado 8 de novembro, alumnos do curso primeiro da Escola Universitaria de Turismo da Coruña visitaron as instalacións do Palacio de Congresos e Exposicións -Palexco- e do hotel NH Atlántico.
Ambas as dúas visitas enmárcanse dentro das periódicas saídas organizadas polo CENP da Coruña, cuxo obxectivo é o coñecemento dos diferentes axentes turísticos da cidade.
Palacio de Congresos e Exposicións -Palexco-
Na visita a Palexco os alumnos foron atendidos por Pilar Cossío quen tivo a amabilidade de guialos polas súas instalacións e comentarlles algúns dos aspectos máis relevantes da xestión cotiá no Palacio de Congresos.
Para introducilos no mundo da organización de congresos e coñecer o traballo dun OPC (Organizador Profesional de Congresos) achegouse a dar unha charla Marta Guimaraens, de Congrega.
Hotel NH Atlántico
A visita ao hotel NH Atlántico tivo como obxectivo ter unha primeira toma de contacto cun dos entornos máis característicos do mundo do turismo como é o relacionado coa industria hotelera.
Os alumnos foron recibidos polo xefe de recepción do NH Atlántico, Iván Sánchez, antigo alumno da Escola, que lles deu a coñecer os quefaceres diarios da recepción e os introduciu brevemente nas competencias dos diferentes departamentos dun hotel.
Etiquetas: alojamientos, palexco