O pasado 7 de xuño visitou a nosa Escola o Secretario Xeral da Organización Mundial do Turismo, Don Taleb Rifai, o cal impartiu unha conferencia sobre a situación actual do sector turístico dirixida a alumnos, profesores e profesionais do sector.
Ao finalizar a conferencia houbo unha quenda de preguntas ás que respondeu o Sr. Rifai, subliñando a importancia de comezar dende abaixo, por exemplo coas prácticas, e prometendo facilitar a colocación de alumnos e egresados na OMT, destacando que a Escola Universitaria de Turismo-CENP é un gran referente na formación de profesionais do sector turístico.
Resumo da conferencia: descargar
Outras ligazóns de interese:
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/06/05/turismo-via-aerea/848219.html
http://empleoyturismo.com/2014/06/10/visita-de-taleb-rifai/