Llámanos: +34 981 160276
 

XANTAR, Feira Internacional sobre Gastronomía e Turismo

Expourense comprácese en informarlles de que do 5 ó 9 de febreiro de 2014 acollerá unha nova edición de XANTAR, Salón Internacional sobre Gastronomía e Turismo.

A 15ª edición reforzará un escaparate no que se poñen en valor os produtos agroalimentarios e pesqueiros de Galicia, tanto desde a área expositiva como desde o programa de conferencias e obradoiros, que contribúan a divulgar a súa calidade e proxectala a través dos 100 medios de comunicación que seguen o salón.

XANTAR 2014 continuará promovendo o Turismo a través da Gastronomía, polo que se están realizando diversas accións promocionais e paquetes turísticos para atraer a 20.000 persoas de distintos puntos xeográficos de España e Portugal.

Gustaríanos contar coa súa participación como expositor neste evento singular recoñecido en toda a Península Ibérica. Tamén publicaremos o Libro de Xantar, no que se recolle unha ampla información sobre o sector turístico-gastronómico e co que se podería complementar a súa presenza na feira.

Poden seguir as novidades de XANTAR no portal especializado  www.xantar.org ou a través de facebook. Non dubiden en contactarnos no teléfono +34 988 366 030 ou no mail info@xantar.org e facernos chegar as súas propostas.

 

Etiquetas: ,