O pasado venres 18 de outubro tivo lugar nas instalacións da EUT – CENP unha xornada centrada na importancia do turismo urbano e o seu modelo de xestión.
O encontro abriuse coa intervención da concelleira de Turismo e presidenta do Concorcio de Turismo da Coruña, Diana Sobral.
Como relatores da xornada interviñeron, Toni Bernabé García, director xerente da Fundación Turismo Valencia, conselleiro da Ciutat de lles Arts i lles Ciènces S.A. e director xeral de Turespaña de 2008 a 2012 e, Xosé Regueira Varela, vicepresidente da Deputación da Coruña.
Os encargados da presentación do acto foron Lanzada Calatayud, gerenta do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña; e Carlos Rodríguez, secretario académico da escola de turismo.
Recensión na web de Turismo da Coruña
Etiquetas: 2019, conferencias